A web da Deputación de Ourense incorpora o botón Escoitar e faise máis accesíbel
Reforzar a accesibilidade dos seus contidos e facer máis doado o acceso á información institucional é o obxectivo perseguido pola Deputación de Ourense coa incorporación á súa páxina web dunha nova funcionalidade. Estamos a falar do botón “Escoitar”, unha ferramenta que permite a lectura en voz alta dos textos publicados no portal provincial.