Revista de novas tecnolóxicas de Galicia
https://codigocero.com
Código Cero
Loading...
O CITIC reforza a súa colaboración co MIT cunha nova edición do programa internacional de prácticas MISTI
A Xunta aspira a especializar Galicia en Ciberseguridade
A USC e ASPABER impulsan unha plataforma pioneira para a reserva de materiais inclusivos
A Cátedra CAMELIA entrega os seus premios literarios, que reuniron máis de 200 contribucións
Carmen Veiga destaca a boa acollida en Barreiros do programa E para dixitalizarse Lugo
A innovación centra unha nova edición das Xornadas Tecnolóxicas R
The Wall incorpórase aos fondos do Museo do Pobo Galego
O Colexio de Xornalistas inaugura unha nova edición dos seus obradoiros contra a desinformación
As familias ven importante que exista unha lei que regule o uso da tecnoloxía na educación
Pontevedra activa un programa para apoderar dixitalmente o comercio local e a cidadanía: PontIA
Código Cero
O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña estreitou a súa relación co Massachusetts Institute of Technology (MIT) mediante unha nova edición do programa de prácticas internacionais MIT International Science and Technology Initiatives (MISTI), unha iniciativa que facilita a realización de estadías formativas e de investigación de estudantes desta prestixiosa institución estadounidense en centros de excelencia de todo o mundo.
A Cátedra CAMELIA USC-Plexus de Intelixencia Artificial e Medicina Personalizada e de Precisión celebrou este mércores 17 de xuño a entrega de premios e a lectura dos relatos gañadores do Certame Literario de Relatos sen IA, que conseguiu reunir máis de 200 propostas na súa primeira edición. Trátase, a xuízo do director da cátedra (e director científico do CiTIUS da USC), Senén Barro, dunha “nova iniciativa que impulsamos desde Camelia para abordar a IA desde unha perspectiva humanista”.
codigocero.com
A Universidade de Santiago de Compostela, a través de profesorado da Facultade de Ciencias da Educación, e ASPABER (Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Bergantiños) acaban de formalizar un contrato para o deseño e desenvolvemento dunha innovadora plataforma web destinada á reserva e xestión de materiais didácticos con garantía de accesibilidade.
R organiza este xoves 18 de xuño as súas Xornadas Tecnolóxicas no Miradoiro de San Pedro da Coruña (na Árbore da Veira), baixo o epígrafe Mentes dixitais: innovación. O evento foi inaugurado polo conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, quen puxo en valor “todo o avanzado por Galicia no desenvolvemento das novas tecnoloxías”, nomeadamente na IA, que sitúa a cidade da Coruña como referente, ao acoller a sede da Axencia Europea para la Supervisión de la Intelixencia Artificial (AESIA), o que “abre oportunidades únicas para o talento local”, segundo salientou Corgos.
A Xunta de Galicia reforza a súa aposta pola especialización tecnolóxica da comunidade no ámbito da ciberseguridade mediante a colaboración entre entidades, a captación de coñecemento e talento dixital, a formación e a sensibilización da cidadanía.
codigocero.com
O Museo do Pobo Galego e a Fundación Museo do Videoxogo de Galicia (MUVI) formalizaron unha colaboración que permitirá incorporar de maneira estable o videoxogo galego aos fondos, espazos expositivos e iniciativas de divulgación da institución compostelá. O acordo abre unha nova etapa para o recoñecemento do videoxogo como parte do patrimonio cultural contemporáneo de Galicia.
A tenente de alcaldesa e concelleira socialista de Servizos Sociais de Barreiros, Carmen Veiga, destacou hoxe a boa acollida do programa E para dixitalizarse Lugo, impulsado pola Deputación Provincial de Lugo, que onte celebrou a entrega de diplomas ás persoas participantes.
O 92,2% das familias con fillos escolarizados en Galicia considera importante contar cunha lei que regule o emprego da tecnoloxía no ámbito educativo. Así o revela a enquisa Dixitalización do sistema educativo en Galicia, elaborada polo Instituto Galego de Estatística (IGE) por encargo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP co obxectivo de coñecer a opinión das familias durante a elaboración da futura Lei de educación dixital de Galicia.
Esta mañá botou a andar unha nova edición dos Obradoiros contra a Desinformación desenvolvidos en nove localidades da provincia da Coruña polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, coa colaboración da área de Dereitos Civís da Deputación da Coruña.
A concelleira de Promoción Económica do Concello de Pontevedra, Anabel Gulías, e as expertas Mariem Filgueira e Judit Meiriño presentaron esta semana os detalles do proxecto PontIA, unha iniciativa estratéxica encamiñada apoderar dixitalmente o tecido empresarial e a cidadanía.