A súa é unha voz de referencia na nosa literatura contemporánea que teceu como poucas a razón e a emoción, o feminismo e o mito, a rebeldía e o compromiso. O exemplo da súa escrita e da súa militancia vital sérvenos de pulo para permanecer na trincheira das causas xustas.