Irmandade asamblearia nacionalista de esquerda. Loita frontal contra o ultraliberalismo. Unidade Popular pola creba democrática. Internacionalismo.
Anova-IN
Loading...
👕 As traballadoras do textil volven á rúa contra a sinatura dun convenio estatal que empeora as condicións dos seus convenios provinciais.
Esta é a realidade do mundo do traballo en Galicia mentres Rueda atenta contra o dereito á saúde laboral cos seu plans contra as IT.
Anova-IN
📢 Xornada de mobilizacións laborais en Galicia.
🔧 O sector do metal da provincia da Coruña volve á folga para esixir unha negociación xusta do seu convenio laboral.
✊🏽Manifestación en Ferrol ás 12 h, dende o Polígono Industrial da Gándara.
🏠 A vivenda é un dereito, non un negocio.
📣 Mobilizámonos contra a especulación e os alugueiros abusivos.
Acude!
📍 Vigo. Hoxe venres ás oito dende a Pza. de España.
📍A Coruña. Mañá sábado ás 12 h na Pza. de Ourense
📍Santiago. Mañá sábado ás 12 h dende a Alameda
Neste #DíadasLetrasGalegas conmemoramos a Begoña Caamaño e a todo o que ela representa na nosa memoria nacional. Festexamos o seu legado de compromiso feminista, de defensa do idioma e de reivindicación da dignidade profesional como defensora dos medios de comunicación públicos.
Máis alá da súa narrativa, honramos a súa militancia inquebrantable na nosa identidade. Recoller a súa testemuña é seguir tecendo unha República Galega onde o noso idioma non pida permiso, o feminismo sexa o piar da sociedade e a comunicación decente sexa un dereito.
Esta mañá participamos no lanzamento do proxecto de @ferrolencomun para 2027. Unidade no local para transformar a cidade e superar as políticas de retroceso do Partido Popular!
Municipalismo transformador ✊🏼
www.europapress.es/galicia/noti...
A súa é unha voz de referencia na nosa literatura contemporánea que teceu como poucas a razón e a emoción, o feminismo e o mito, a rebeldía e o compromiso. O exemplo da súa escrita e da súa militancia vital sérvenos de pulo para permanecer na trincheira das causas xustas.
✊🏾 A convocatoria de folga xeral contra o goberno conservador de Luis Montenegro está a ser un un éxito e a dignidade traballadora percorre Portugal de norte a sur, con paros de ata o 100% en moitas empresas e sectores.
#AbaixooPacoteLaboral
#NãoAoRetrocesso
#GreveGeral
📢 Dende esta madrugada, a forza traballadora do país irmán sae á rúa para loitar pola a dignificación salarial, a mellora da conciliación e a fin da precarización, sobre todo entre a xente máis nova.
#AbaixooPacoteLaboral
#NãoAoRetrocesso
#GreveGeral
Dende o ano 2019, ao abeiro do goberno municipal de @martinhonoriega.bsky.social, o seu nome é tamén o dun parque do barrio compostelán das Fontiñas.