Tralo éxito do pasado ano, xa estamos a preparar a segunda edición do Linguamente. Ata entón, podedes volver a escoitar todas as conferencias da primeira edición en UVigo TV.
tv.uvigo.es/series/68e8c...
🚨 Recordade que a II Conferencia internacional de investigación en linguas terá lugar os días 19 e 20 de novembro en Vigo. Enviade as vosas propostas de comunicacións e pósteres.
📆 Prazo: 15 de xuño
ciil2026.webs.uvigo.es
José Yuste Frías foi invitado pola AFUE a dar unha plenaria no "XXXIVe Colloque de la AFUE 2026. Le français au présent" na Universidade de Santiago de Compostela. O título da súa conferencia foi "Traduire en chair et en os face à l’IA. Plaidoyer pour un nouvel humanisme". Noraboa!
María Hortensia Blanco, investigadora visitante, impartiu o obradoiro "Entre línguas e afetos: Retratos autobiográficos linguísticos" ao alumnado maior de portugués do instituto de Rodeira, Cangas. Faloulles sobre a súa estadía no iLingua e traballaron o retrato autobiográfico. Parabéns!
O 24 de setembro terá lugar a III Xornada Investiga. A participación e impresión dos pósteres é gratuíta e haberá unha conferencia da profesora Anna Doquin. Expedirase un certificado polo póster e outro pola asistencia á conferencia.
Propostas e máis información: forms.gle/SZCiPaAiR8Cf...
ilingua-uvigo
ilingua-uvigo
ilingua-uvigo
ilingua-uvigo
Rosa Alonso Alonso ven de publicar o artigo "Assessing the relationship between extramural English and L2 writing. A CALF perspective" en "ITL - International Journal of Applied Linguistics". Noraboa!
doi.org/10.1075/itl....
Ana Iglesias participa co seu capítulo "As escollas lingüísticas dos falantes: distintos niveis de consciencia" en "Identidades e ideoloxías perante a diversidade lingüística" publicado polo Consello da Cultura Galega. Parabéns!
10.0.66.179/cbfc.2020.001
Rosa Alonso Alonso ven de publicar o artigo "Exploring teachers’ perspectives on extramural English: A cross-national study in Portugal and Spain" en "Language Teaching. Surveys ans Studies". Parabéns!
doi.org/10.1017/S026...
Éxito na presentación do libro "Voces de mujeres" no Ateneo de Madrid. Este libro foi editado polas membros do iLingua Ana Varela Suárez, Susana Rodríguez Barcia e @mariaparrula.bsky.social e publicado polo Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo. Noraboa!
Alicia Sentí Janssen participará nas "III Xornadas de novas investigacións en lingua galega", que terán lugar o 18 de xuño na Universität Heidelberg, coa comunicación "A alternancia de código (galego/castelán) como recurso discursivo na creación de voces". Noraboa!