O podcast que busca dar a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa. Desde a diáspora, con María Sabarís @msabaris.bsky.social en Londres e Juan Vergara @dosdorei.bsky.social en Bruxelas
Fóra de Mapa
Loading...
Aínda se manteñen certos preconceitos sobre a lingua, e non existe o deber de coñecela, ó ser ese punto da lei rexeitado como inconstitucional polo TC.
E con todo, cos vimbios que había daquela no Parlamento e na sociedade, é unha lei histórica e sen ela estaríamos ben pior.
En 🇺🇦 veñen de quitar o ruso da lista de idiomas protexidos pola Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias.
Na lista si están 🇧🇾, 🇧🇬, gagauzo, tártaro de Crimea, 🇩🇪, 🇵🇱, 🇷🇴, 🇸🇰🇭🇺🇨🇿🇬🇷, hebreo, romaní ,urum, romeika, krymchak, laraim e yiddish
www.kyivpost.com/post/78078
Hoxe nas illas Aaland en 🇫🇮 celebran a súa autonomía, lograda en 1921 despois dun conflito diplomático entre 🇫🇮 e 🇸🇪 resolto pola Soc. das Nacións, solución que até hoxe supón:
Desmilitarización do arquipélago
Autonomía política, económica e cultural
O sueco é a única lingua oficial
Hoxe celébrase a final da Eurocopa de nacións sen estado (chamémoslle así) da CONIFA entre a Rep. 🇹🇷 de Chipre do N. e Padania.
Tamén participan Raetia (cantón🇨🇭 dos Grisóns), 🇬🇱, o cantón 🇨🇭 de Ticino e Rouet-Provenza.
O torneo xógase en Insubria (ou Lombardía)
Hai 27 anos as forzas da OTAN entraban en 🇽🇰 e eran recibidas con alegría por unha gran maioría da poboación que sufrira anos de represión e violencia que culminaron nunha limpeza étnica.
A entrada das forzas da OTAN culminaba unha operación sen o aval do CS das Nacións Unidas
Hoxe hai 43 anos o Parl. Galego aprobaba a lei de normalización lingüística, que con certeza foi incapaz de revertir a caída no número de falantes.
Porén, conseguiu cousas que hoxe vemos normais: unha administración en galego ou eliminar as deturpacións dos nosos topónimos.
Unha minoría pola contra non quedou tan contente, colaboradores con Belgrado de etnia albanesa e xitana e máis a minoría serbia sufriron as represalias da guerrilla do UÇK logo de abandonaren o país as forzas serbias.
🚨🎙️Voltamos pra entrevistar a Christoph Schreinmoser, director do IGADI. Con el reflexionamos sobre o papel de Galicia no escenario internacional, as posibilidades da súa acción exterior e os mecanismos para construír unha voz propia no mundo
www.ivoox.com/de-leria-con...