homaxe a don davide hockney na piscina municipal de boborás, inda pechada, na xornada festiva do seu patrón santo antonio e a escasas horas de que actúe o grupo acinema
Fran Ferreiro Chao-Abella
eu acórdome perfecto da morte de yma sumac porque estaba nunha época totalmente obsessed por ela, e acababa de casar con bego, e estaba pinchando creo que no polvorín e dixen teño que saír fumar un cigarro (fun andando ata as esclavas)
non me deixa o carallo este subir un vídeo para promocionar o meu libro, pero déixovos unha sunormalidade equivalente
a trinta horas de coche, tres longas e apertadas de ryanair, mil duascentas légoas a pé; o meu corazón sempre estará a medio suspiro da vosa pel (iso dixo o papa na despedida no aeroporto, ou julio iglesias, un dos dous)
creo que alguén que se pon tan moreno no verán nunca poderá escribir novelas
museo vivo de mercedes benz clásicos 🥂
eu da morte tiven a miña longa época de pensala polo fío da cultura, da tranquilidade dos vellos, pero como a fe resulta dádiva do esprito santo que se ten ou non se ten, ando xa de chill admitindo que lotería dabondo me tocou de vivo como para agardar reintegro na ultratumba
morreu david hockey e penso en clave tanatorio e visita de dez minutos, un bico á familia e preguntar fóra que tal van os pementos, como un tiro con esta calor; cando morra mccartney, de tanto esperalo, de tanto "pois dabondo viviu" dame pánico sentir a mesma pouca sorpresa e desolación
pois sabedes que morte me afectou moitísimo? a de yma sumac. e mira que era unha vella. pero deume por pensar nas súas derradeiras horas, así de princesa incaica máis alá que pacá nun hospital de houston, e con tódalas súas xoias á visita dicindo: fundídeas todas
www.galiciae.com/opinion/fran...
quen vai fregar todo isto, di ninguén cando pola festa van todos comer á casa dos pais
Fran Ferreiro Chao-Abella
Fran Ferreiro Chao-Abella
Fran Ferreiro Chao-Abella
Fran Ferreiro Chao-Abella
Fran Ferreiro Chao-Abella
Fran Ferreiro Chao-Abella
Fran Ferreiro Chao-Abella
Fran Ferreiro Chao-Abella
A ciencia e os balances fiscais dirán que o ano comeza en xaneiro, pero os corazóns saben que a vida empeza cando vén a calor.