Dez edicións despois, a feira segue a demostrar que as mellores viaxes comezan nunha páxina. Catro días para inaugurar o verán en Redondela coa mellor das escusas: perderse entre libros, coñecer autoras e autores e descubrir que cada historia é un mundo novo agardando a ser habitado.